Skip to main content

A LISTA DAS COUSAS IMPOSIBLES

GALAXIA EDITORIAL

Di Clara que cando Guim a deixou, só unhas semanas antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente distinta. Unha onde o que desexaba eran cousas que non podería volver facer ou ter nunca.

Ou, polo menos, iso era o que os outros dicían. 

---

A lista das cousas imposibles é a historia de Clara e de Guim. De Guim e de Clara. Unha historia de soños e realidades, de anhelos e de cicatrices. Unha historia de amor e de vida.

---

Tamén é a miña primeira novela e a gañadora do Premio Carlemany 2021. A tradución ao galego é de María Alonso Seisdedos.

PREME